sábado, 10 de diciembre de 2016

LOW-COST TRAVELLING

Título do proxecto: LOW COST TRAVELLING (Intermedio 1).


Przemysław Krzyszczuk. Looking for symmetry. Flickr (CC0 1.0)

Produto final desexado: propostas para organizar unha estadía en Inglaterra de dúas semanas gastando unha cantidade mínina de diñeiro. Para elo, vai a haber exposicións oral en grupos e despois terán que responder a un cuestionario do profesor. O mellor proxecto competirá cos das outras EOIs de Galicia.

Contexto e xustificación do proxecto en relación coas competencias básicas, o currículo e as necesidades e intereses do alumnado:
Agora todo o mundo quere aprender inglés e unha posibilidade é visitar países de lingua inglesa, pero, quen pode ser capaz de organizar unha estadía en Inglaterra de dúas semanas gastando menos cartos? Trátase de atopar o mellor proxecto.


Relación entre a secuencia de traballo e as competencias básicas:
 Aprender a aprender: terán que xestionar e reflexionar sobre o seu propio aprendizaxe cando afronten as actividades propostas (fun quen de facelo? En qué tiven dificultade?)
 Competencia matemática: terán que utilizar o razoamento matemático e as súas ferramentas para describir, interpretar e predecir o custo do viaxe a as posibilidades de abaratalo.
 Conciencia e expresións culturais: ao longo do proxecto terán que coñecer, comprender, apreciar e valorar con espíritu crítico, actitude aberta e respetuosa, as diferentes manifestacións culturais
 Comunicación lingüística: terán que actúa con outros interlocutores a través de textos en múltiples modalidades, formatos e soportes.
 Dixital: terán que usar ferramentas TIC sao longo de todo o proxecto.
 Sentido da iniciativa e sentido emprendedor: terán que transformas as súas ideas en actos e transmitirlo aos demais no traballo en grupo.
 Competencia social e cívica: terán que acercarse aos códigos de conducta e usos xeralmente aceptados na sociedade inglesa e manifestar interese e solidariedade, especialmente no encontró cos nativos e na comunicación escrita.


Relación entre a secuencia de traballo e as materias ou áreas de coñecemento
Os criterios de avaliación deste proxecto se corresponden co nivel Intermedio 1 de Inglés (EOI):
• Captar as ideas principais e algún detalle específico de textos audiovisuais ou doutro material gravado sinxelo
• Facer exposicións breves e ensaiadas con relativa fluidez e responder a preguntas sinxelas
• Comprender textos sinxelos con descricións de persoas, obxectos, lugares ou dos procesos máis comúns,
• Comunicar con eficacia as ideas principais que se queren transmitir limitando a mensaxe aos coñecementos que se posúen
• Escribir notas solicitando ou dando información de carácter inmediato e salientando os aspectos que lle resultan importantes.

Secuencia detallada de traballo:

Primeira sesión:
O profesor explica o proxecto: agora todo o mundo quere aprender inglés. Nós tamén, pero, quen pode ser capaz de organizar unha estadía en Inglaterra de dúas semanas gastando menos cartos?
Para axudarnos, van vir de visitar varios nativos aos que lles faremos preguntas. Os alumnos vanse organizar en grupo de catro. Teñen vinte minutos para preparar as preguntas aos nativos e o profesor llas corrixe para que eles as teñan listas cando veñan os nativos-informantes na seguinte sesión da clase.
O profesor explica que cada grupo vai ter un Voicethread onde vai subir todo o que faga.O profesor vai ir interactuando cos membros de cada grupo a través de Voithread e do correo electrónico.

Segunda sesión:
Desde o laboratorio de idiomas, os alumnos buscan información en Internet sobre onde é máis barato aloxarse en Inglaterra (así repasan o tipo de aloxamento en inglés) e das actividades que pretenden facer para mellorar o seu nivel de inglés. No resto do tempo da sesión un teñen que empezar a escribir a solicitude de información. Cada persoa escribe unha carta e o profesor tamén a corrixe antes de que eles a manden.

Terceira sesión:
Visita dos nativos (véxase “Movementos de entrada”). Aprovéitase para aumentar os coñecementos dos alumnos sobre Inglaterra.

Cuarta sesión:
Entre a terceira e cuarta sesión ten que pasar ao menos unha semana para que os alumnos obteñan resposta. Este tempo vanno aproveitar para os “Movementos de saida”
Posta en común presencial despois de ir traballando a través de Voicethread.

Quinta sesión:
Exposición do traballo: por oral todos os grupos e os seus integrantes falan cada un dunha parte da súa proposta (custo total, aloxamento e manutención, actividades, transporte…). por iso durante as exposición deben tomar notas do que din os outros.
Ao rematar, o profesor pasa un cuestionario a cada alumno no que vai a preguntar sobre todos os proxectos.

Agrupamentos (traballo individual, parellas, pequeno grupo, gran grupo)
Os alumnos van traballar en grupos de catro, con persoas cas que se levan ben, pero con distintas capacidades. Ninguén se vai adicar a facer só unha cousa: cada mebro terá que facer as mesmas tarefas que os resto (todos buscan, todos escriben, todos falan). Se alguén non o fai, será “victima” do profesor na exposición en público. Se algún dos membros do grupo ten problema para acceder a Internet, terá outros cometidos (redactar ou máis que o resto ou ter un pouco máis de exposición oral que o resto, por exemplo)

Haberá movementos de entrada e saída:

Entrada: despois de que os alumnos busquen información en Internet, charlaremos con varios nativos que virán á aula a contar qué opcións poden ser as máis interesantes para aloxarse en Inglaterra. Aproveitarei esta visita para que os alumnos interaccionen oralmente con eles (poden levar preparadas as preguntas)

Saída: os alumnos terán que buscar información máis concreta e dirixirse a axencias de viaxes ou webs solicitando información sobre o que precisan, sen esquecer o obxectivo de aforrar cartos. Esta información pedirana por escrito en inglés.

Temporalización
Hai que contar con cinco ou sesión sesións. O proxecto debe facerse no segundo trimestre, cando os contidos que se estén impartindo xa estén consolidados.

Materiais e recursos
Precísase o correo electrónico, Voicethread, pode que Whatsapp, Google Drive e Internet.

Indicadores de éxito do proxecto
Por unha banda, os alumnos amosarán que asimilaron os contidos do proxecto a través das distintas actividades propostas e isto refelctirase na avaliación. Por outra banda, os Voicethreads xerados quedarán a disposición de todos para que os alumnos vexan en qué poden mellorar. Hai que votar ao mellor proxecto, que aparecerá na páxina oficial da escola e competirá cos das outras EOIs.

Estratexia de avaliación e mecanismos de recollida de datos
O proxecto avaliarase con esta rúbrica.