jueves, 7 de diciembre de 2017

REFLEXIÓN FINAL



ASÍ REMATOU O CURSO

REFLEXIÓN FINAL

Penso que foi un curso útil e, sobre todo, moi práctico porque estivemos todo o tempo traballando con ferramentas que nos van vir moi ben para mellorar como docentes. Dentro disto hai unha enorme variedade. Algunhas ferramentas e aplicacións eu xa as coñecía (GoogleDrive e Dropbox), pero estivo ben saír da zona de confort, ver máis usos e coller confianza con elas.

Cada un de nós é un mundo e cada un vai ter as súas favoritas. Eu elixiría a SocialWire como o que máis me pode aportar. Foi toda unha descoberta e recoñezo que, se o aplicase para traballar en grupo con outros docentes interesados nos mesmos temas (e as veces en facer terapia de grupo), liberaríame de moito traballo. Os problemas cando se comparten, pesan menos…

Todo o aprendido é moi interesante, pero eu enfocaríao para abordar a aprendizaxe baseada en proxectos e o flipped classroom, tema no que empezamos a traballar na EOI (malia que supoña un reto e darlle a volta a moitísimas cousas). Tamén xorde a necesidade de pensar se realmente paga a pena obsesionarnos tanto con dicir en qué temas imos e se non sería mellor que os alumnos tivesen máis protagonismo na aula e se atendese a variedade e as necesidades de todos, quero dicir dos máis fortes e dos máis débiles do grupo.

Quen me veu e quen me ve: teño máis ideas que ao principio, agora hai que poñelas en práctica, empezar con cousas pequeñas e ver como nos sentimos os alumnos e eu.

Desde logo, quero dar as grazas aos titores, que estiveron con nós, “nutrironnos” durante o curso e tiveron moita paciencia cando eramos pesados. Fixérono moi ben, de verdade. E como non, aos compis, dos que sempre se aprende.

Moitos, moitos bicos.

1 comentario: